Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela lamenta que “os veciños e veciñas teñan que padecer a incapacidade da alcaldesa por suplir a falta de técnicos nalgunhas áreas municipais”

Os populares non comparten as decisións da rexedora que vén de despedir recentemente ao técnico de xestión catastral, a pesar de ser unha área con boa acollida entre os bureleses

Burela, 6 de novembro de 2023. O Grupo Municipal Popular ten recibido as queixas de veciños e veciñas de Burela pola “falta de técnicos municipais nalgunha área do Concello” que os populares atribúen á “incompetencia do bipartito neste comezo de mandato”.

Os populares cren que “son os veciños e veciñas os que padecen a mala xestión da rexedora” en relación á organización do traballo dos técnicos municipais; xa que “non está a suplir a falta de persoal nalgunhas áreas”. É por iso polo que se dan casos nos que “algúns técnicos vén incrementada a súa carga de traballo” que supón prexuízos negativos para os veciños e veciñas.

Os concelleiros do PP non comparten algunhas decisións da alcaldesa que vén de “liquidar algún dos servizos, a pesar de que estaban a ter boa acollida. É o caso do técnico de xestión catastral que, segundo nos fixeron saber, vén de ser despedido recentemente”.

Os populares engaden, ademais, que “seguimos sen dispoñer de técnico de urbanismo nin aparellador -arquitecto ou arquitecta técnica- e o interventor municipal só está unha vez á semana”.

O Grupo Municipal Popular insta polo tanto á rexedora socialista a dar solución á falta de persoal técnico nas oficinas municipais para ofrecer unha atención áxil e de calidade aos bureleses e burelesas nas distintas áreas do Concello.

MERCADO SEMANAL

A falta de xestión deste goberno bipartito tamén se aprecia na tardanza en buscar unha solución ao mercado semanal dos venres. “Ao noso xuízo a consulta a comerciantes e veciñanza está ben, pero chega tarde”. Así o explican os populares despois de levar tempo advertindo que “o mercado semanal está a esmorecer”. De feito, os populares cren que “a procura de solucións ao mercado semanal tiña que ser unha das primeiras medidas que adoptase este goberno bipartito”.

Exit mobile version