José Manuel Gómez Puente recorda que en xullo deste ano xa se pediu a reposición da porta do recinto para garantir a seguridade, pero o goberno local, lonxe de corrixir as deficiencias, permitiu que a situación vaia a peor poñendo en risco a seguridade de calquera persoa que poida entrar
Explica o voceiro popular en Barreiros, José Manuel Gómez Puente, que lonxe de corrixirse esas deficiencias a rexedora, Ana Ermida, permitiu que a situación empeorase “poñendo en risco a seguridade de calquera persoa que poida entrar no recinto”.
Os concelleiros do PP realizaron unha nova revisión das instalacións e comprobaron como segue sen haber porta principal e no seu lugar colocaron un palet ao que agora se engade que o valado exterior está completamente roto.
“Unha infraestrutura que é prioritaria e imprescindible e debe estar protexida por seguridade xa que hai fosos e tomas eléctricas que poden resultar perigosas, ademais de para previr roubos. E de sentido común que un edificio público que cumpre unha función prioritaria estea pechada ao publico”, explicou.