Esta iniciativa que desenvolve o Goberno a través do Plan de Recuperación permite a conectividade a máis de 300 megas nun total de 288 proxectos que se están executando en distintas zonas do concello que non dispoñían deste tipo de cobertura
Isabel Rodríguez insistiu no compromiso do Goberno con Lugo a través deste programa, co obxectivo de que “os nosos municipios estean cada vez máis conectados para a tan necesaria cohesión territorial, e que a xente nova poda asentarse en núcleos de poboación máis pequenos coas mesmas oportunidades para desenvolver o seu proxecto de vida”.
No caso da provincia de Lugo, ao igual que Galicia, os fogares e empresas beneficiados desta iniciativa atópanse en ‘zonas brancas’, aquelas que non dispoñen de cobertura de redes de velocidade de polo menos 300 Mbps, nin plans para a súa dotación nos próximos tres anos. “Coa execución dos 288 proxectos no concello de Foz garantimos que os veciños e veciñas dispoñan dunhas condicións estables e eficaces de conexión a Internet, fundamental na actualidade”, manifestou Isabel Rodríguez.
“O programa ten como obxectivo a igualdade en todo o territorio da provincia nun aspecto fundamental como é hoxe en día o acceso a internet e o uso das novas tecnoloxías tanto nos fogares como nos negocios”.
Plan UNICO
Esta edición do programa UNICO Banda Ancha dá continuidade ás postas en marcha en 2021 e 2022 e está destinada a universalizar a cobertura de banda ancha ultrarrápida vía fibra como ferramenta de cohesión social no marco do Plan de Recuperación do Goberno. Entre as dúas convocatorias deste plan, o Goberno levará a tecnoloxía de conexión ultrarrápida a máis de 32.700 vivendas e empresas da provincia.
“Estas novas axudas permiten seguir avanzando co despregamento das infraestruturas necesarias para garantir unha conectividade adecuada a toda a poboación da provincia co compromiso firme de que no 2025 todos os municipios lucenses estean conectados a internet por banda ancha”, apuntou Isabel Rodríguez.