Site icon Crónica3.com A Mariña

O Foro Social da Mariña promove unha palestra en Burela co título: Dereito ou negocio?, os servizos sociais. As residencias de maiores a debate

A Mariña, 28 de novembro, 2023. Desde o Foro Social da Mariña invitan a unha reflexión sobre o futuro das persoas maiores no proceso de envellecemento na nosa cambiante sociedade.

Na Mariña vívense cambios vertixinosos nas familias, na vivenda, nas necesisdades de apoio social, nos coidados dos enfermos crónicos. E as residencias de maiores son unha parte de ese futuro, que hai que artellar entre todos.

Por todo elo organízase esta palestra no Salón de conferencias de Burela (Antiga Biblioteca), este xoves, 30 de novembro, ás 20 horas. O relator será Carlos Fernández Fraga, Médico de familia.

Exit mobile version