Barreiros, 22 de novembro, 2023. O Foro Social Da Mariña, nestes tempos nos que están en cuestión dereitos tan básicos como o acceso a unha vivenda digna, situando a cada vez máis persoas nunha situación de vulnerabilidade; queremos someter a debate esta problemática que atinxe a ao conxunto da cidadanía.
A problemática da vivenda en temas como a ordenación do territorio e as súas consecuencias, o encarecemento do aluguer, o incremento da vivenda turística, a necesidade dun parque público de vivenda, o encarecemento das hipotecas, os desafiuzamentos ou a vivenda baleira, serán obxecto de análise e debate na perspectiva da construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
O relator será Rubén Camilo Lois González, catedrático de xeografía na USC.
Foi director Xeral de Turismo (2005-2009). É coordinador do Grupo de Análises Territorial da USC e director da Fundación Centro de Estudos Euro-Rexionais.
Lugar e data: Salón de actos do Centro Social de San Cosme de Barreiros. 24 de novembro de 2023, ás 20 horas.