Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, felicitou este martes ao cámping ribadense Rinlo Costa tras ser premiado como o mellor de España na categoría de entorno natural conxuntamente co de Amaído, en San Tirso de Abres.

Arias visitou o establecemento, ao que puxo como exemplo “do gran traballo que fan os profesionais do turismo para poñer en valor os recursos únicos cos que conta A Mariña e convertelos nun elemento diferencial dentro da oferta galega”. Tamén gabou o seu compromiso co turismo “sostible e responsable, compatible coa protección do entorno”. O premio foi entregado na IV Gala de Cámpings de España 2023, que acaba de celebrarse en Madrid organizada pola Federación Española de Campings (FEEC), coa asistencia de máis de 200 representantes e profesionais do sector.

Exit mobile version