Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES de Foz, gaña a III edición de Ciberseguridade no cole! na categoría de Secundaria

O obxectivo é que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios para facer fronte aos riscos que entraña o uso de medios dixitais

Santiago, 3 de novembro de 2023. O CPR Plurilingüe San Fermín, de Pontevedra, na categoría de Primaria, e o IES de Foz, na categoría de Secundaria, foron os gañadores da III edición do concurso Ciberseguridade no cole!, promovido por Telefónica, no que participaron máis de 265 clases pertencentes de 114 colexios de toda Galicia.

O segundo e terceiro premios de Primaria corresponderon, respectivamente, aos colexios Carlos Casares-Alxén, de Salvaterra do Miño, e San Francisco, de Vilagarcía de Arousa. O segundo e terceiro premios de Secundaria, aos colexios Montespiño, da Coruña, e ao Losada, de Pontevedra, respectivamente.

A xornada presencial de Ciberseguridade no cole!, na que os colexios puideron presentar os seus proxectos, contou coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e coa directora de Galicia e Asturias de Telefónica, Paula Beirán. “En Telefónica estamos muy satisfechos con la gran acogida que ha tenido Ciberseguridade no cole! -ha comentado Paula Beirán—, ya que es muy importante que la cultura de la ciberseguridad se enseñe desde edades muy tempranas. Estamos muy orgullosos de los alumnos, pero también de los profesores, que se han implicado enormemente en el desarrollo de los proyectos de ciberseguridad˝.

Ciberseguridade no cole! é un concurso para alumnos de 10 a 14 anos. Está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de primaria e a 1º e 2º da ESO. O obxectivo do concurso é fomentar a concienciación en materia de ciberseguridade no ámbito escolar, e facilitar que os alumnos adquiran os coñecementos e as ferramentas necesarias para facer fronte aos riscos que entraña o uso dos medios dixitais.

Exit mobile version