A medalla entrégase polo centenario da confraría e o acto, aberto a todos os veciños e veciñas, será ás 12:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
“Tivemos en conta a grande importancia que esta institución tivo e continúa tendo na historia de Viveiro, atendendo á súa historia e traxectoria”, asegura o concello, que destaca “o seu papel relevante na economía local e máis concretamente no sector pesqueiro, ademais da súa implicación social e cultural”.