A tenenta de alcaldesa, Miriam Bermúdez, sinala que “a intención é continuar facéndoo naquelas zonas que o precisen”
Viveiro, 8 de novembro de 2023. O Concello de Viveiro está a realizar diversas labores de limpeza nas beirarrúas do municipio, con especial atención a aquelas afectadas polo musgo, a resina das árbores ou outras problemáticas concretas.
Polo momento, xa se realizaron ditas labores na zona de Verxeles, nos soportais e nas beirarrúas do parque de Lodeiro, e na zona da fonte de Covas, onde se limpou a fonte, as beirarrúas e se podaron as árbores.
Miriam Bermúdez, tenente de alcaldesa de Viveiro, explica que “a intención é continuar facéndoo naquelas zonas que o precisen, para garantir tanto a limpeza das rúas como a seguridade dos veciños e veciñas”.
Ademais, Bermúdez sinala que “o concello é consciente de que o borde exterior das beirarrúas máis novas, de granito, foi perdendo granulado, está moi liso e esvara, polo que estamos estudando diferentes posibilidades para devolverlle a rugosidade e aportar maior seguridade ás e ós viandantes”.