O rexedor contou que “desde o Concello estamos a licitar as obras do Plan Único da Deputación de Lugo. Imos investir mais de 362.000 euros en mellorar as infraestruturas das nosas parroquias”.
Vega explicou que “concretamente actuares en Ove na Faxarda e Igrexa; en Covelas en Vilela, Marelle, Sa e Salcedo; en Cedofeita na Trapa en Piñeiro; en Arante en Cee; en Santalla na Igrexa; en Couxela en Sindín e en Erixe. Isto nas parroquias do interior. Nas da costa actuaremos en Vilaselán na Grandela, na estrada LU-P-5202; en Piñeira no acceso ao matadoiro; en Vilaframil no Coto e na Siñeira; en Rinlo no campo de María Méndez; e na Devesa na Pedreira”.
O alcalde subliñou que “isto é un conxunto de estradas, de infraestruturas que se atopan nun mal estado e debemos actuar. Isto é o plan de infraestruturas do Plan Único e xa estamos a traballar noutros plans que se van anunciar en breve para tamén mellorar as infraestruturas”.
Dani Vega dixo que “lle agradecemos á Deputación este orzamento, ofrecémoslle toda a colaboración para seguir investindo no noso concello e nese espírito de colaboración e de xestión é no que está o goberno de Ribadeo”.