O domingo 3 de decembro ás 17:30 horas no pavillón municipal de Lourenzá a trapecista, actriz e bailarina Sue Moreno ofrecerá o seu espectáculo 4.0, que aborda as dificultades da conciliación familiar. É para todos os públicos e está incluído dentro das axudas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, do Ministerio de Igualdad .
E o 15 de decembro, venres, no Multiusos Ponte de Cuñas haberá un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas. Será de 15:30 a 20:30 horas e para participar hai que inscribirse chamando ao teléfono 982.121.036. Esta actividade está financiada pola Xunta de Galicia.
Ademais a alcaldesa, Rocío López, anuncia que “o Concello de Lourenzá tinguirá de lila, un ano máis, a súa fachada en repulsa desta lacra que tanto afecta á sociedade de hoxe en día e poñendo de manifesto o apoio a todas as vítimas que están a sufrir violencia machista. Con esta programación sumámonos a todos os actos programados polas distintas institucións con motivo da violencia contra as mulleres porque é unha tarefa de tod@s transmitir a cidadanía esa mensaxe de denuncia e solidariedade coas mulleres que están a sufrir calquera tipo de maltrato porque este é un problema de todos e de todas, non só das vítimas”.