O alcalde, Fran Cajoto, explica: “grazas ao apoio económico da Deputación de Lugo puidemos facer unha adquisición de vehículos que nos vai a permitir aforrar porque imos reducir gastos en talleres e suprimiremos o aluguer dunha furgoneta, que se vai a devolver esta mesma semana. Imos tamén dar de baixa varios vehículos, algún dos cales tiña máis de 30 anos de antigüidade. Estes adquiridos agora son ferramentas de traballo cun menor consumo e van permitir aos operarios municipais ter unhas condicións de maior seguridade. Quero agradecerlle ao presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, o apoio recibido”.