Esta aplicación de mensaxaría permitirá aos usuarios consultar as novas municipais de maneira inmediata dende os seus teléfonos móbiles para estar puntualmente informado do día a día municipal.
O concelleiro Carlos García valora moi positivamente o potencial da comunicación a través desta rede pola esixencia dos cidadáns de contar cunha información inmediata, nítida e puntual do seu municipio.
“Queremos contribuír á comunicación clara como técnica que asegura o dereito dos cidadáns a entender o que lles comunica a institución pública contribuíndo de forma directa aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)”.
“A comunicación clara permite axudar a mellorar problemas de acceso á información pública xerando confianza cidadá na súa administración máis próxima, estimulará a redución das desigualdades porque establece que os documentos públicos e as páxinas web estarán redactados para que se podan entender e usar sen dificultades así como promoverá reorientar os mensaxes con perspectiva de xénero”.
¿Como sumarse?
Para acceder a esta función é necesario ter a versión actualizada do WhatsApp. As canles ofrecen una modalidade de comunicación unidireccional, o que significa que o Concello de Foz pode enviar mensaxes de información xeral.
Unirse á canle do Concello de Foz en WhatsApp é moi doado. Podes facelo pinchando en este enlace:
https://whatsapp.com/channel/0029Va9PMkaGE56uN6HVgi3P
Se queres espallar esta información e axudar a que máis veciños se unan a esta nova ferramenta municipal só debes compartir o enlace por WhatsApp premendo no desligable da parte superior dereita da canle e elixindo aos contactos que desexes invitar.
¿Que contidos recibirás?
Ao sumarse á nova canle municipal encontrarás un resumen das novidades municipais máis relevantes. Haberá material gráfico e audiovisual que poderás visualizar garantíndose a cantidade razoable de envíos e o anonimato dos usuarios.