Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela entrega este sábado a súa Medalla de Honra á Confraría de Pescadores, coincidindo co seu 100 aniversario

O acto será ás 12:00 horas no salón de plenos do Concello de Burela. “Será un acto moi emotivo e queremos invitar a toda a veciñanza, especialmente a todas as familias vinculadas ao mar e á confraría durante os seus 100 anos de vida”, asegura a alcaldesa, Carmela López. O alumnado da Escola de Música Municipal acompañará o acto, tras o que se inaugurará a placa conmemorativa á confraría na praza do Concello.

Exit mobile version