Segundo explican as organizacións sindicais que compoñen o Comité de Centros e Atención Primaria (CC.OO.,CIG-saúde, CSIF, OMEGA, SATSE,UGT e USAE) a situación que se está a vivir en Viveiro é moi grave, pois coa excusa que continuamente pon a Xerencia de falta de médi@s non so se está a vulnerar o dereito fundamental á protección da saúde das persoas, senón que se está a sobrecargar ás e aos profesionais ata límites insoportables.
Esta situación está a afectar tamén a centros como o do Vicedo, están a substituirse os/as facultativas con prolongacións de xornada de catro horas , e mesmo ao centro de saúde de Ourol onde non se substitúen moitas das ausencias do persoal facultativo. O resultado desta nefasta xestión por parte da Xerencia é o aumento da carga de traballo que sufre o pesoal de todas as categorías e mesmo o PAC, que ten que absorber toda a demanda que acude fora das horas cubertas polas prolongacións e que , polo menos en principio, debera ser resolta de xeito ordinario.
O servizo de pediatría atópase tamén en situación de emerxencia
O comité de centros tamén ven de denunciar a situación de emerxencia do servizo de pediatria de Viveiro, onde a falta dos dous pediatras da plantilla provoca que moitos meses se reduza a atención presencial ás crianzas solamente a cinco ou seis días ao mes, días nos que acuden pediatras doutros distritos ao centro de saúde de Viveiro. Neste centro de saúde os pediatras atenden, lembremos, as crianzas das localidades de Viveiro, Ourol e o Vicedo.
Desde este órgano de representación da Atención Primaria da Área Sanitaria de Lugo-Monforte A Mariña esiximos á Xerencia que dea unha solución aos problemas tan graves que están a sufrir estes centros de saúde , poñendose a traballar de xeito inmediato e se deixen de dar excusas recurrentes coñecidas por tod@s para desviar a atención da sua propia incompetencia.