Foi unha actividade que se desenvolveu o pasado venres, organizada polo departamento de Edificación e Obra Civil do centro coa colaboración das empresas Grespania, Rubí e Construdeco. O xefe do Departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP, José Méndez de Andés, comentou que se impartiu “unha formación innovadora e foi unha xornada na que os asistentes quedaron moi satisfeitos”.