Pola súa banda, o deputado mariñao Daniel Castro vén de rexistrar no Parlamento diversas iniciativas ao respecto, demandando á Xunta de Galiza a cubrir o servizo de médico sempre e non parcialmente no Vicedo, así como ofrecer o servizo de pediatría de forma continuada no PAC de Viveiro, ao que está escrio o concello de O Vicedo.
Veciños de O Vicedo percorrendo a comarca na procura de atención sanitaria
Os representantes do BNG fixeron denunciaron tamén que nos últimos días os veciños e veciñas do Vicedo tiñan que percorrer media comarca da Mariña en busca de atención, xa que, desde O Vicedo derívanos a Viveiro, mais a situación volvese repetir, xa que tampouco hai médicos, sendo o seguinte paso Burela, que sufre os efectos de que O Vicedo, Ourol e Viveiro teñan que colapsar o Hospital. “Queda claro que esta atención primaria non é de calidade e moito menos non é a que merecen os veciños dos tres concellos” afimou Daniel Castro, que sinalou tamén que o PP segue a facer saltar polos aires a atención primaria en toda a comarca, destruíndo paulatinamente este servizo, e poñendo en risco a usuarios e profesionais.
Mobilización o domingo 26 de novembro ás 11:30 diante do Centro de Saúde
Desde o BNG fan tamén un chamamento á poboación a participar na mobilización do vindeiro domingo día 26 ás 11:30 diante do Cento de Saúde de O Vicedo, convocada polo colectivo de asociacions do concello e máis pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña.