Burela, 18 de novembro, 2023. A complexa situación pola que atravesa a Unidade Asistencial de Drogodependencias ubicada en Burela e que dá servizo a toda A Mariña fixo que ata alí se desprazaran o tenente alcalde Mario Pillado, a concelleira Sandra Fernández Cillero e o deputado Daniel Castro, para entrevistarse coa dirección do centro, analizar a situación e facer seguimento dos moitos incumprimentos que a Xunta tén con estes centros asisitenciais coma o de Burela, que en Galiza son 17, dos cales 14 dependen dos concellos sendo estes os que cargan coa obriga de dar un servizo que lles é impropio, e moito máis cando é un servizo tan sensible como unha UAD.
Emenda aos orzamentos da Xunta para que no 2024 este servizo sexa asumido polo Sergas
“A Xunta debe cumprir o seu propio cronograma que lle propuxo aos directores destes centros para que este servizo sexa inserido no propio Servizo Galego de Saúde-Sergas” afirmou Daniel Castro, que anunciou tamén que está proposta, con cuantificación económica vai ser planteada polo BNG como emenda aos Orzamentos da Xunta de 2024.
O tenente alcalde Mario Pillado referíuse á importancia deste servizo non só para Burela, senón para toda a comarca e considera “inasumible por parte dos concellos ter que afrontar o custo deste servizo, unha competencia a todas luces impropia, coma tantas outras que o PP desde a Xunta carga sobre os concellos, o que é moito máis grave neste caso tan sensible como necesario” afirmou.