Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro celebra que a mobilización veciñal “lograse sacar a máscara do PP coa sanidade” e seguirá traballando “para ter unha atención primaria de calidade”

Viveiro, 21 de novembro, 2023. Tras a protesta masiva que xuntou a 3.000 persoas en Viveiro pola perda de servizos que confirman o desmantelamento da sanidade do goberno dun PP en maioría, o BNG de Viveiro responde ás mentiras vertidas polo PP de Viveiro intentando confundir á cidadanía.

“O BNG defendeu no Parlamento Galego a inversión en sanidade e a estabilidade do persoal. Mentres, o PP creou unha nova categoría laboral que acrecenta os principais problemas do persoal: a falta de estabilidade. A norma foi rexeitada tamén por sindicatos e Colexios Médicos. Pese a iso, foi aprobada polo PP en solitario e o tempo deunos a razón xa que os problemas de persoal van a peor, é algo evidente. O PP autoretrátase cando acusa á oposición de que a atención primaria non funciona gobernando con maioría absoluta. O compromiso do BNG coa sanidade é indiscutible e seguiremos traballando no Parlamento, no Concello e na rúa”.

Míriam Bermúdez explicou que o Centro de Saúde de Viveiro “non funciona” pola falta persoal, que é un problema xeralizado. A área de pediatría está desmantelada con dúas prazas sen cubrir dende fai anos, as baixas dos e das facultativas non se cubren… Como é posible que cando a xente sae á rúa anuncien que van contratar ao persoal que antes decían que non había? Mentía antes ou minte agora? E Mariña Gueimunde dalle as costas á veciñanza de Viveiro, as que quedaron sen citas, sufren a falta de médicos… para gardarlle pleitesía ao PP. Coa sanidade non se xoga e a realidade é que Galiza está na cola do estado en inversión en Atención Primaria” engade Míriam.

Para o BNG de Viveiro o PP perdeu o norte, “tras anos de goberno na Galiza non hai argumentos para defender o indefendible e atacan culpando á oposición dos problemas coa sanidade ou da variante”.

Exit mobile version