Os burelistas adiantáronse cunha grande acción individual de Malaguti e cun golazo de falta de Ismael. Os culés apretaron, pero só pudieron reducir distancias a un minuto e medio da conclusión
O choque entre mariñáns e cataláns foi moi igualado e contou con moitas ocasións, pero as grandísimas actuacións do meta local Michal Kaluza e do visitante Pau Torres provocaron que o marcador fose tan curto. Un Malaguti moi activo foi o primeiro en probar ao porteiro blaugrana e o que máis incomodou durante a primeira metade ao equipo catalán. Enfronte, o colombiano Harrison foi o maior perigo do equipo preparado por Sergi Altisent
O electrónico non se moveu ata a segunda parte cando os locais se adiantaron nunha acción individual de Malaguti. O benaventano foise pola á esquerda con calidade e, con moi pouco ángulo, batía a Pau López cun lanzamento por baixo das súas pernas para marcar o seu cuarto tanto da tempada.
O gol espoleou aínda máis aos futbolistas do filial culé, que asediaron durante varios minutos o marco dun Kaluza que, do mesmo xeito que sete días antes en Ceuta, foi un auténtico muro. O internacional polaco detivo todas as acometidas dos blaugranas e nun lanzamento de Muinelo tamén contou coa axuda da cruceta. O conxunto burelista quitouse a presión cunha boa ocasión outra vez de Malaguti, que nunha acción de contragolpe lograba deixar atrás ao seu marcador e ao meta, pero coa porta xa baleira era Pol Cano o que chegaba para tapar o segundo tanto do zamorano.
O 2-0 chegaría finalmente a través dunha falta directa botada por Ismael, que se está convertendo no especialista do equipo burelense, xa que practicamente repetiu o gol logrado na primeira xornada diante do Full Enerxía Colo Colo Zaragoza, aínda que nesta ocasión desde unha posición máis escorada. Pau López chegou a tocar o esférico, pero o mesmo aloxouse na escuadra da meta culé.
Con case seis minutos e medio por disputarse aínda, Sergi Altisent apostou por Aniol como porteiro-xogador e o Pescados Rubén Burela tivo que sufrir, pero acabou sumando os tres puntos. Só Pol Cano, a pouco máis dun minuto do final, foi capaz de anotar nun pequeno desaxuste defensivo dos de David Rial, que lograron defenderse ben no minuto final para celebrar o terceiro triunfo da presente tempada diante da Familia Laranxa.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 2-1 Barça Atlètic
Pescados Rubén Burela FS (2): Kaluza; Isma, Quelle, Alberto, Malaguti -quinteto inicial-, Ismael, Álex García, Charly, Lucho e Nico Rosental.
Barça Atlètic (1): Pau López; Tapias, Harrison, Aniol, Pol Cano -quinteto inicial-, Kokoro, Salas, Muinelo e Quim Gassó.
Goles: 1-0, min. 25: Malaguti. 2-0, min. 34: Ismael. 2-1, min. 39: Pol Cano.
Árbitros: Rubén Miguel e Jesús Montero (Castilla y León). Amonestaron aos locais Charly e Lucho, e ao visitante Kokoro.
Inicidencias: Encontro da 7ª xornada do campeonato de Segunda División disputado no pavillón de Vista Alegre diante duns 900 espectadores.