A partires deste venres, 1 de decembro, xa se poden solicitar no auditorio municipal, onde se atopa o departamento de Benestar Social. As cestiñas dos arrolos son obra da asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña, que conta con sede en Ribadeo. O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, agradecen o seu traballo e colaboración.
Na Concellería de Benestar Social xa están listas as cestiñas dos arrolos coas que Ribadeo agasallará aos bebés nados no municipio ou ás familias con bebés que elixan esta vila para vivir