Defende que a rexedora debería “exihibir outro tono e non mezclarse nestes ataques partidistas de quen quere utilizar a Viveiro para a promoción persoal como candidato á Xunta e traballar con seriedade e sen descanso da man do Goberno galego”
Gueimunde rexeita así as formas “de quen foi derrotada nas derradeiras eleccións municipais”. “María Loureiro ponse a enredar nun tema moi sensible para o municipio e súmase ao estilo bronco e desabrido dun solitario deputado socialista nas Cortes, que veu a Viveiro a exhibir o desagradable estilo sanchista baseado na mentira e a desvergoña sen pudor”. A este respecto, lembra que “o novo representante de Puigdemont na provincia de Lugo, era presidente da Diputación cando o bipartito PSdeG-BNG decidiu arruinar a viabilidade da VAC, ao seu paso por Viveiro, e sentenciala a anos de indefinición de trazado e a este inxusto e lesivo retraso”.
CO PSOE VIVEIRO NON TEN PESO POLÍTICO
Para Gueimunde isto vén a demostrar que “Viveiro non ten peso político dende que goberna o PSOE, apoiado polos nacionalistas galegos, nin tampouco o terá”. Así se evidencia, engade, “que cando puideron non o fixeron”.
Quen tamén naqueles anos era senadora polo PP cre que “Besteiro ten dabondo con preocuparse da parte da Autovía da Mariña que vai de San Ciprián a Barreiros, que é competencia do Estado, e para a que non hai ningún compromiso firme. Quizais os cartos para acometela vanse volatilizar na escandalosa quita de débeda catalana que este deputado socialista por Lugo apoia con entusiasmo”, sentencia.
Mariña Gueimunde defende que a rexedora local debería “exhibir outro tono, non mezclarse nestes ataques partidistas de quen quere utilizar a Viveiro para a promoción persoal como candidato á Xunta e traballar con seriedade e sen descanso da man da conselleira de Infraestruturas da Xunta de Galicia para que unha estrada imprescindible no esenvolvemento do municipio, que debería de estar rematada fai vinte anos, se poida levar a cabo dunha vez como demanda toda a cidadanía”.