Site icon Crónica3.com A Mariña

Manuel Balseiro (Nito) recolle en Madrid o Premio Nacional de Hostalería

Madrid, 7 de novembro, 2023. Hostelería de España fixo entrega este martes dos Premios Nacionais de Hostalería 2023 nunha gala que se celebrou en Madrid. Son uns galardóns que, pola súa traxectoria e por estar concedidos polos empresarios do propio sector, atópanse entre os máis reputados da industria.

Tras a candidatura presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Manuel Balseiro (Nito), do Restaurante Nito e Hotel Ego en Area, Viveiro, e do Hotel Urban, de Viveiro, foi recoñecido na categoría de Premio Empresario Hostaleiro do Ano.

Na gala estiveron presentes empresarios do sector e representantes da cadea de valor e das institucións públicas.

Exit mobile version