Site icon Crónica3.com A Mariña

Isabel Rodríguez: “Poñemos en valor o traballo da Confraría de Pescadores de Burela, que reciben a Medalla de Honra do concello, por facer do porto pesqueiro unha referencia en todo o litoral”

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, asistiu xunto á alcaldesa de Burela, Carmela López, á entrega da Medalla de Honra á Confraría de Pescadores de Burela pola súa contribución ao progreso da vila. A subdelegada destacou todos os impulsos que realizan os pescadores de Burela para seguir mantendo o alto nivel de actividade pesqueira do porto do municipio. Isabel Rodríguez agradeceu todas as actividades e traballos que realizan os pescadores na xestión das áreas mariñas así como a responsabilidade que ofrecen no cumprimento da materia de pesca.

Exit mobile version