Este programa ofrece descontos ás persoas maiores para acudir a balnearios da nosa Comunidade durante os meses de outubro, novembro e decembro
A conselleira destacou que o programa Benestar en Balnearios permite ofrecer uns días de descanso ás persoas maiores, para que coñezan Galicia e teñan tempo para coidarse así mesmos. Este programa conta cunha ampla traxectoria na nosa Comunidade e súmase a aqueles programas que o Goberno galego impulsa para unha nova xeración de maiores que entende a xubilación como un etapa para desfrutar, emprender novos proxectos, estudiar ou viaxar.
Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsará este ano o Carné +65, unha nova medida que —ao igual que o Carné xove para a mocidade— permitirá ofrecer descontos e vantaxes aos maiores galegos. En concreto, este carné permitirá que máis de 700.000 maiores galegos poidan viaxar gratis no transporte interurbano da Xunta, conten cun novo programa de viaxes nacionais e internacionais e se beneficien de descontos en comercios e establecementos.
Convenios coas universidades
Fabiola García tamén puxo en valor aquelas iniciativas que a Xunta impulsa para darlle as persoas maiores as ferramentas para seguir formándose. Como exemplo disto, citou as aulas senior e os convenios coas universidades galegas para ofrecer programas e cursos destinados ás persoas maiores e que poidan así seguir formándose ou saciar a súa curiosidade en distintas disciplinas.