Site icon Crónica3.com A Mariña

Dolores Labrada incorpórase ao Grupo Municipal do PP de Foz

Javier Castiñeira destaca a “experiencia e coñecemento do asociacionismo do funcionamento dos servizos sociais” de Dolores Labrada, da que afirmou “será un gran activo para o Grupo Municipal”

Foz, 2 de novembro de 2023. No último pleno do Concello de Foz, celebrado o pasado xoves, tomou posesión como nova concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular Dolores Labrada, que chega á corporación trala renuncia, por motivos persoais, de Antonio Hermida.

O voceiro popular en Foz, Javier Castiñeira, dá a benvida á nova concelleira popular da que destaca que é “unha persoa moi vinculada ao asociacionismo, ademais de ter un amplo coñecemento do funcionamento dos servizos sociais”. “Chega á corporación con moita ilusión e gañas de aportar ao Grupo Municipal Popular para poder mellorar o Concello de Foz e, por tanto, a vida de todos os veciños”, destacou.

Javier Castiñeira explicou que “a experiencia” de Dolores Labrada “será un gran activo para o Grupo Municipal” e axudará a reforzar a atención ás parroquias do rural do municipio ademais de “aportar coñecementos fundamentais sobre o funcionamento dos servizos sociais”.

O voceiro popular ve a Dolores Labrada como “unha peza fundamental”, do mesmo xeito que era Antonio Hermida, que tivo que renunciar a súa acta de concelleiro por motivos persoais, e ao que “lle agradecemos toda a súa dedicación durante estes últimos anos e que como veciño seguro que vai a seguir tendo”.

“TRABALLAR POR E PARA FOZ”

Dolores Labrada explica que “quero traballar polo municipio e polos seus veciños, ao igual que todos os meus compañeiros do PP de Foz”. “Neste caso, dende a oposición traballarei arreo para facer unha oposición responsable e propositiva, pero tamén cun control moi estreito da actividade do goberno local para que non se repitan situacións como a deste verán, na que todos sufrimos case dous meses de problemas co abastecemento da auga”, explicou Labrada.

Os populares agardan que o goberno local mude a súa actitude e comece a valorar as nosas iniciativas. “Estar na oposición non implica estar en contra de todo, ao contrario, buscamos o xeito de realizar propostas en positivo para mellorar Foz”, afirman.

Exit mobile version