Ribadeo, 21 de novembro de 2023. Corenta e seis establecementos comerciais asociados a Acisa Ribadeo ofrecerán interesantes promocións e descontos durante o Black Friday do 24 ao 26 de novembro.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comentou que “durante tres días a veciñanza de Ribadeo e as persoas que se acheguen á nosa vila poderán atopar importantes descontos en moitos sectores: informática, telefonía, decoración, moda home, moda muller, moda infantil, calzado, mercerías e lencerías, tallas grandes, xoiaría, bebés, complementos, ópticas, parafarmacia, perruquería ou agasallos, entre outros. Como facemos sempre queremos aproveitar para recordar a importancia que ten mercar en Ribadeo, onde atoparemos un trato próximo e personalizado e onde podemos ver e tocar os produtos. No comercio de Ribadeo sempre haberá unha cara amable á que poder acudir”.
Cruzado Iglesias dixo que “en Ribadeo seguimos a sacarlle proveito aos domingos, xa que na maioría das cidades e das vilas esa xornada xa non se celebra o Black Friday por que non se abre, pero en Ribadeo si, algo co que marcamos a diferenza. Deste xeito o cliente pode aproveitar tamén o domingo pola mañá para facer as súas compras e beneficiarse das ofertas e descontos que atopará nos negocios asociados”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez engadiu: “toda a información detallada das ofertas do Black Friday, pódese encontrar na nosa web www.acisaribadeo.es ou no noso facebook. Hai grandes promocións, descontos do 10, 20 50 %, zonas outlet, 2×1 en produtos e servizos, descontos directos de hasta 100 euros… e por iso animamos a todos os nosos veciños e visitantes a consultalos. Seguro que encontran mais dunha opción moi interesante”.
Os establecementos participantes no Black Friday de 2023 de Acisa Ribadeo son: La Moda Mujer, La Moda Básico, Cuatro Vientos, La Moda Sport, Bis A Bis, Mika, Pequerrechos, Glass, Opticalia, Merceria Torviso, Terra Branca, Fauna, Grisi, Beep Ribadeo, Miss-Tic, R23, Siñeiro Hogar, Anais, La Coqueta, For Friends, Bora Bora, Farmacia Montserrat, Agora, Sanjurjo, Esprit, Óptica Miró, Ginzo Hombre-Mujer, Sendín, Bimba, Lydia´S Antiques Real Estate, Saia, Vitaldent, Nana, Óptica Carreira, Xardineo, Menfer, Adele, Casa Mandarina, Dándara, Pepa Peineta, ImagN 365, Autoescuela Destavai, Boutique Pippol´S, Boutique Valentina, Boutique Del Rio e Farfala.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, subliñou que “o noso Black Friday de tres días coincide tamén coa campaña das Panchas, na que por cada 30 euros o Concello de Ribadeo regala 10, é dicir recibimos 40 panchas. Entón consideramos que é un bo momento para aproveitar os descontos do Black Friday empregando tamén a moeda local ribadense. Un ano máis, esta é unha moi boa ocasión para vir mercar á nosa vila. A isto temos que engadirlle que segue a campaña da tarxeta aforro de Acisa cun desconto de 0.09 euros por litro de carburante na gasolineira Valcarce. E tamén coincide coa campaña O mellor comercio da túa vila da Federación Galega de Comercio, coa que colabora Acisa, e na que se sortean 12.000 euros en premios. E a todo isto hai que engadirlle as Xornadas Gastronómicas de Exaltación da Merluza, esta fin de semana do 24 ao 26 de novembro, en 17 locais asociados a Acisa. Hai que ir facendo oco para achegarse a Ribadeo estes días porque sen dúbida é unha ocasión moi especial”.