Ramón Martínez destacou “o compromiso que ten o BNG co Medio Rural, buscando fórmulas para mellorar a calidade de vida e reverter o despoboamento”. Sinala ademais o éxito das reunións feitas en Boimente en Chavín, na que “numerosos veciños e veciñas se achegaron a expoñer as súas necesidades e se realizaron propostas”.
Lembramos a axenda das reunións de Medio Rural, que teñen lugar sempre ás 19:30h:
En novembro:
luns 27 na de Valcarría (antiga escola)
mércores 29 na de Magazos (antiga escola)
En decembro:
luns 11 en Xunqueira (antiga escola)
mércores 13 en Faro (antiga escola)
luns 18 en Galdo (antiga escola)
mércores 20 en San Pedro (antiga escola)
E en xaneiro:
luns 8 en Landrove (antiga escola)
mércores 10 en Vieiro (antiga escola)
luns 15 en Celeiro (Casa do Forno)
mércores 17 en Covas (Centro social)
luns 22 en Viveiro (Salón multiusos)
“Así pois, facemos un chamamento a toda a veciñanza para que acuda ás mesmas coa finalidade de compartir connosco as súas inquedanzas e intereses e poder mellorar así o noso concello pouco a pouco”.