Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezaron os actos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero en Cervo

Cervo, 24 de novembro, 2023. Un primeiro acto que tivo lugar este venres na Praza Nardo Martínez, en San Cibrao, organizado polo Concello e a Asociación Saúde Mental A Mariña.

Contou coa participación e colaboración do alumnado do CEIP de Cervo e o CEIP Península da Paz, e tamén da asoc. Mulleres en Igualdade Cervo. Leron manifestos Xabi e Mara por parte do CEIP de Cervo, Óscar polo CEIP Península da Paz e Rebeca da asoc. Saúde Mental A Mariña, a continuación gardouse un minuto de silencio en recordo das vítimas.

Os asistentes levaron de agasallo galletas pola Igualdade elaboradas pola Asoc. A Mariña, cuxo grupo de teatro interpretou a continuación a obra Duelo ó Amencer no auditorio da Casa da Cultura.

A programación continuará este sábado con senllos espectáculos pensados para toda a familia en Cervo e en San Cibrao.

Exit mobile version