Comezará ás 19:00, con entrada de balde, e estará impartida polo doutor John Guzmán, reumatólogo do Hospital Público da Mariña
Guzmán será introducido por José León, xefe de proxectos sociosanitarios, que realizará unha breve presentación do movemento asociativo neste ámbito e dos perigos das supostas medicacións milagrosas que se poden atopar pola rede.
O acto comezará ás 19:00 e a entrada será de balde, non sendo necesario realizar ningún tipo de inscrición previa. Está organizado pola Liga Reumatolóxica Galega, en colaboración co Concello de Burela e a Deputación de Lugo entre outras entidades.
O doutor Guzmán realizará na súa intervención un repaso sobre a incidencia das enfermidades reumáticas en Galicia, e contestará aquelas preguntas que os e as asistentes queiran realizar.