Site icon Crónica3.com A Mariña

Caídas de árbores e farolas e danos en galpóns tralo paso do ciclón Ciarán en Ribadeo

Ribadeo, 2 de novembro de 2023. Caídas de árbores e farolas e danos en galpóns son algunhas das incidencias que deixou en Ribadeo o paso de Ciarán. O alcalde, Dani Vega, pide prudencia á veciñanza.

O rexedor declarou: “dende o Concello de Ribadeo pedimos prudencia nestes días de temporais”.

Vega contou que “a pasada noite actuamos en varios puntos por caída de árbores, perigo en certas farolas -algunhas caeron, como no Cantón-, houbo danos en casas e en galpóns,…”.

E engadiu: “hai que ser responsables á hora de acudir aos parques e pasear polas rúas. Aplicando o sentidiño non vai haber ningún problema”.

Exit mobile version