Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela celebra a Festa da música este sábado na Praza da Mariña

Organizada pola ACM Dambara, contará coas actuacións de diversas agrupacións, unha foliada libre e unha pinchada de DJ Litainer

Burela, 21 de novembro de 2023. O Concello de Burela celebra este sábado 25 de novembro a súa Festa da Música, organizada pola Agrupación Cultural e Musical Dambara.

A organización describe o evento como unha “festa multicultural e con distintos tipos de música transversal, estilos musicais que se retroalimentan e se complementan entre si”.

A festa terá lugar na praza da Mariña a partir das 13:00, contando coas actuacións de múltiples agrupacións musicais de diversa procedencia.

Entre as formacións que actuarán na festa están a AM Santo Inocencio, a Banda de Gaitas Dambara, Brisas del Navia, Batuko Tabanka, Os do Vinteun, Aspebu, Fol do Raxal, Acordeonistas da Mariña, Coral Polifónica de Burela, Arume, Cordenaia, Ledicia, O Feitizo, Alex Djimmy, Espera que Vou Mexar e a Escola de Música de Burela.

Haberá cocido para a comida e para a cea, puidéndose adquirir os tickets para as mesmas no local da ACM Dambara na praza de Abastos ou o mesmo día na carpa.

A comida será ás 14:30 e a cea ás 21:00, e os tickets terán un prezo de 20€ para adultos e 15€ para menores de 10 anos.

Ás 20:00 terá lugar o sorteo dunha cesta de peixe valorada en 300€, e ás 22:00 comezará a foliada libre. A festa rematará cunha Noitada DJ a cargo de DJ Litainer, que comezará ás 23:59 na propia praza da Mariña.

Exit mobile version