Lembra que a variante de Viveiro está bloqueada desde a Alcaldía e que o único treito executado do corredor da costa foi executado por un goberno do Partido Popular, despois de que o bipartito fora incapaz de abrir un só quilómetro
En relación coa VAC Costa Norte, Balseiro lembra que se hoxe Viveiro carece dunha variante é porque a alcaldesa, e o seu equipo de goberno -tamén desde a Deputación- levan anos bloqueando esta actuación e situándose en contra do trazado proposto pola Xunta. Explica tamén que o único treito en servizo na provincia de Lugo, a variante de Xove, foi “iniciada, construída e inaugurada” por un Goberno do Partido Popular tras un investimento de 50 M€. Cómpre lembrar que o bipartito foi incapaz de executar un só quilómetro desta vía de alta capacidade durante os seus anos de goberno.
En relación coas infraestruturas estatais pendentes Balseiro sinala que só hai que ver como están descoidadas as estradas nacionais, “e o mellor exemplo é o socavón da vergonza entre Burela e Foz” como para crer que Sánchez vai a priorizar a autovía da Mariña, “que nin tan sequera mencionan no pacto de investidura entre o PSOE e o BNG.” Neste senso tamén cómpre lembrar que pese a anteriores promesas do Goberno socialista, a Autovía da Mariña continúa a día de hoxe sen un só km en servizo, en obras ou tan sequera contratado.