Site icon Crónica3.com A Mariña

Arias felicita ás piragüistas do Altruán polos éxitos acadados no Campionato de España e pon en valor o apoio da Xunta ao Club

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a Secretaria Xeral para o Deporte aprobou unha achega para adquirir unha embarcación adaptada

Ribadeo, 21 de novembro de 2023. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, felicitou esta mañá nunha visita ao Club Altruán de Ribadeo ás piragüistas do equipo infantil Elena Justo, Manuela Lastra e Elena González, que conquistaron o ouro nas súas respectivas categorías no campionato de España desta modalidade deportiva.

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, colaborou co club de piragüismo para adquirir unha embarcación adaptada, que foi recibida días antes e foi estreada nesta competición pola deportista Elena Justo.

O Altruán foi unha das entidades beneficiarias da liña de axudas para mercar material adaptado que posibilite ou mellore as condicións nas que os deportistas que o precisan desenvolvan a súa modalidade ou especialidade. As achegas beneficiaron a seis clubs da provincia, que percibiron en total 25.800 euros.

Arias lembrou que a Xunta ten unha convocatoria anual de axudas para a compra de equipamentos deportivos, incluído o adaptado. Como novidade, este ano aprobouse unha liña específica, co fin de “fomentar a inclusión en todas as especialidades deportivas”.

Exit mobile version