A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou na X Noite da Enerxía que se celebrou hoxe en Lugo
Na súa intervención, a conselleira trasladou a aposta da Xunta por impulsar as enerxías limpas e aproveitar toda a capacidade instalada en Galicia para converter a Comunidade nun referente en xeración renovable e no desenvolvemento de proxectos industriais vinculados a novos vectores enerxéticos como o hidróxeno verde ou os biocombustibles. Nese obxectivo, o Goberno galego contará co marco de actuación que brindará a Lei de recursos naturais.
Lorenzana felicitou aos premiados desta edición e agradeceu tanto á Asociación como ao Colexio Oficial a súa iniciativa para visibilizar a transformación enerxética galega e por divulgar a cultura da eficiencia enerxética.