Site icon Crónica3.com A Mariña

A subdelegada agradece aos voluntarios de Protección Civil o seu labor desinteresado e o seu esforzo pola formación nos protocolos de actuación en caso de emerxencias

Isabel Rodríguez, participou na VII Xornada de Protección Civil da provincia de Lugo en Ribadeo organizado pola Federación Lucense de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil. A subdelegada resaltou a importancia que ten a xornada para o coñecemento das actuacións a realizar en caso de emerxencias. Rodríguez tamén eloxiou todas as tarefas e traballos que se encargan de realizar as asociacións de voluntarios na provincia e o interese que depositan no labor social tan importante como é o de estar formados en diversas actuacións para a protección da cidadanía e o medio ambiente. A xornada tivo como relatorios “Unidade de apoio loxístico en emerxencia” e “Protocolos de actuación no caso de varadas de cetáceos”, cunha demostración práctica dun caso de varada dun mamífero mariño.

Exit mobile version