A Mariña 24 de novembro de 2023. A Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia novamente a situación de caos que se está a vivir no Centro de Saúde de Viveiro e que numerosos pacientes lle fixeron chegar. Este colectivo foi coñecedor que se van suspender as citacións dalgúns cupos ata o próximo día 2 de xaneiro de 2024, quedando moitas persoas sen médico de familia, tendo que ser vistas por algún dos otros profesionais.
A maiores da sobrecarga que supón para o resto da plantilla, ao ter que asumir estes pacientes que quedan sen médico, centos e centos de persoas non van poder solicitar una cita médica ao quedar sen facultativ@ de referencia, asignándoselle outro dos profesionais que pasan consulta ese día. Esto é especialmente grave na Atención Primaria, eixo fundamental do sistema sanitario público, xa que una das súas característica é a proximidade e a confianza entre profesionais e pacientes para lograr unha relación terapeútica, empática e asertiva que favorece a boa evolución dos problemas físicos, psicolóxicos, emocionais e sociais das persoas.
Segundo explica Montse Porteiro, coordinadora do colectivo, “xa desconfiamos no seu día das marabillosas novas que nos contaban na Xerencia a poucas horas da convocatoria da concentración do pasado domingo, e parece que desgrazamente non nos equivocábamos. Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña esiximos á xerencia e ao goberno da Xunta que deixe dunha vez por todas de enganar á xente e comece a solucionar o problemas que ten enriba”, problemas dos que son os únicos responsables” -conclúe.