Terá lugar o próximo domingo día 26 de novembro ás 11:30 horas diante do centro de saúde baixo o lema “Médicos en Vicedo xa”
A Mariña 23 de novembro de 2023. A plataforma sanitaria da Mariña anuncia que apoia e acudirá á concentración que convoca a maioría do tecido asociativo do Vicedo para demandar a cobertura de xeito continuado das dúas prazas de medic@ de familia. Segundo nos trasladan innumerables pacientes foilles imposible en moitos casos concertar citas para acudir ao médico, para renovar receitas, facer os partes de confirmación de baixa laborais así como tampouco ser atendid@s coa cita que tiñan.
O centro de saúde do Vicedo conta con dúas prazas de medicina de familia, das que solo estaba ocupada unha delas de xeito continuado, acudindo algún día (moi poucos) outra profesional. Máis desde que este facultativo marchou trasladado a outro lugar o Sergas deixou de cubrir todos os días as prazas de médic@s, enviando de vez en cando a outra persoa. Nestes últimos quince ou máis días solo viña solo unha médica un día á semana, ata que desde que os colectivos veciñais, deportivos e culturais se deu a voz de alarma e saíron á rúa a apoiar a concentración que reuniu a tres mil persoas en Viveiro. Dous días antes de que a xente saíra á rúa xa puxeron facultativo todos os días no Vicedo, eso sí, sólo durante catro horas. Desde o colectivo sanitario da Mariña animamos a todas as veciñas e veciños a que acudan a esta concentración, que baixo o lema “Médicos en Vicedo Xa” tenta conseguir que se dote ao seu concello do persoal sanitario que merecen advertindo á Xerencia e ao goberno da Xunta “que deixen de facer sudokus para tentar encaixar cun persoal baixo mínimos a xigantesca fenda sanitaria que eles mesmos crearon”– conclúen.