Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mancomunidade suspende as saídas de A Mariña en Ruta previstas para esta fin de semana

A Mariña, 3 de novembro de 2023. A Mancomunidade suspende as saídas de A Mariña en Ruta previstas para esta fin de semana.

“Debido á chegada dunha forte borrasca a partires de mañá decidimos suspender as actividades que iamos desenvolver o sábado e o domingo por Lourenzá, Mondoñedo e Trabada. Por seguridade e responsabilidade non podemos arriscarnos á hora de visitar o patrimonio natural e cultural destes concellos nin nas propias vilas nin a través dunha fraga”, explican desde a Mancomunidade de Concellos da Mariña.

E engaden: “agardamos poder manter todas as rutas previstas para as vindeiras fins de semana de novembro, á vez que tentaremos buscar novas datas para as saídas que nos vemos na obriga de suspender neste momento”.

Desde a Mancomunidade sinalan que “para mañá está prevista a chegada a Galicia de Domingos, un temporal forte, que deixará chuvia e vento en toda a comunidade. Vendo os avisos que se están a producir é por iso que preferimos cancelar A Mariña en Ruta os días 4 e 5 de novembro”.

Exit mobile version