Un encontro no que participaron ó redor de 220 veciños e veciñas, entre os que estaban 15 usuarias do Centro de Atención a Maiores que a Deputación ten na localidade chairega. A cita comezou cunha misa na igrexa de Santa María, seguida dun xantar e unha actuación dun grupo musical. Morandeira puxo en valor o firme compromiso da Deputación co benestar das persoas maiores, materializado en iniciativas como a prestación do servizo de teleasistencia domiciliaria, o financiamento do SAF ou a rede de residencias, que prestan unha atención de calidade aos usuarios e favorecen o arraigo, ademais de crear emprego e dinamizar as economías locais.