Site icon Crónica3.com A Mariña

A corporación de Burela aproba por unanimidade a concesión da Medalla de Honra a Confraría de Pescadores polo centenario da súa fundación

Burela, 10 de novembro de 2023. O Concello de Burela aprobou hoxe nun pleno extraordinario e por unanimidade a concesión da Medalla de Honra á Confraría de Pescadores, que cumpre 100 anos o próximo 18 de novembro.

O acto de entrega da medalla será o sábado 18 de novembro ás 12:00 horas no salón de plenos do Concello de Burela. “Un recoñecemento moi merecido pola aportación económica e social da confraría ao noso pobo”, explicou Ramiro Fernández, concelleiro do Mar de Burela. O patrón maior, Basilio Otero, estaba presente no pleno de hoxe.

A alcaldesa, Carmela López, uniuse á noraboa e convidou “a toda á veciñanza e o tecido social da vila a asistir ao acto do próximo sábado”.

Ademais, o concello espera contar e convida a familiares e achegados dos patróns maiores que tivo a confraría nestes 100 anos

Na sesión plenaria aprobouse tamén a prórroga do contrato do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e unha modificación de crédito, co obxectivo de destinar ccrédito que non se utilizou ás necesidades das áreas de cultura e deportes.

Exit mobile version