Terá lugar o domingo 12 de novembro na parroquia de Celeiro de Mariñaos onde haberá tamén unha andaina a carón do río Masma
Barreiros, 6 de novembro de 2023. O concelleiro de dinamización e participación veciñal do Concello de Barreiros, Dani García, xunto con integrantes do Colectivo Cultural Ollomao presentaron esta fin de semana a V edición da carreira popular Ao son do Masma.
A carreira popular Ao son do Masma, que se disputa este domingo, é a derradeira proba do circuíto +KmsBarreiros que pecha así a tempada 2023 con preto de 500 atletas inscritos e con moitas categorías por decidir á falta desta última proba.
A carreira absoluta, cun percorrido circular de 5.600 m. que discorre a carón do río Masma, dará comezo ás 12:00 horas con saída e chegada nas escolas de Celeiro de Mariñaos. Tamén haberá categorías para menores, de maneira previa,
A saída da andaina, que terá un percorrido de 9 km, será ás 10:30 h. e os dorsais de todas as probas poderán ser recollidos a partir das 10:00 horas no propio lugar das saídas.
O prazo de inscrición finaliza este xoves, podendo facerse -ou recibir máis información- na páxina web do circuíto www.maiskmsbarreiros.gal