O director da formación anuncia: “para esta actuación temos o pracer de poder dicir que vamos incorporar novos músicos. Vai estar dividida en dúas partes porque sempre no concerto de Santa Cilla algún dos músicos da banda toca como solista, pero desta volta vamos ter catro: de piano, de frauta, de trombón e de saxo alto. E logo na segunda parte interpretaremos pezas para toda a banda”.
David Ballester tamén salienta que “de todo o repertorio a gran maioría das pezas que imos tocar serán interpretadas por primeira vez pola Banda Municipal de Ribadeo. A incorporación de músicos neste concerto, poder interpretar catro pezas con solistas e estrear unha cantidade importante de obras indica que a Banda goza de boa saúde e que seguimos traballando para que vaia a mellor”.