Burela, 28 de novembro de 2023. A Asociación de Loita contra o Cancro ESPERANZA manterá a súa actividade durante o mes de decembro e tamén durante os días de Nadal. Así, ESPERANZA participará nos mercadiños solidarios que se celebren tanto en Burela coma no concello de Alfoz, para achegar o seu traballo á veciñanza e seguir no labor de concienciación da cidadanía, xa non só en Burela senón tentando chegar a máis concellos, neste caso o de Alfoz.Ademais, ESPERANZA segue coa venda de chaveiros e pulseiras elaboradas por persoas asociadas, e con calendarios.
Como xa é sabido, a recadación de todas as actividades que realiza ESPERANZA teñen un destino único: entidades que traballar na investigación, prevención, tratamente e en definitiva loita contra o cancro. Polo tanto, mercar un chaveiro, unha pulseira ou un calendario de ESPERANZA é unha aposta decidida cara a minimizar os efectos desta enfermidade entre a cidadanía; enfermidade da que non está libre ninguén.