Site icon Crónica3.com A Mariña

A alcaldesa de Burela convoca este mércores aos hostaleiros para falar da nova ordenanza de terrazas e buscar o maior consenso

Burela, 14 de novembro de 2023. A alcaldesa de Burela, Carmela López, convocou aos hostaleiros e hostaleiras da vila a unha reunión para falar da nova ordenanza de instalación e uso de terrazas no espazo público do concello.

O encontro será este mércores, 15 de novembro, ás 17:30 horas no salón de plenos do Concello de Burela. López explicará ao sector os obxectivos da nova ordenanza e escoitará as demandas e inquedanzas dos hostaleiros, na búsqueda do maior consenso.

“É un tema importante e queremos ir da man do sector, combinando a actividade e a convivencia cos veciños, así como outros aspectos como a estética das terrazas, o espazo que deben ocupar ou o prazo de adaptación a estas novas medidas”, afirma a alcaldesa.

Ademais da reunión, están abertas as enquisas públicas de participación veciñal para opinar sobre o uso das terrazas, o tráfico e o mercado semanal.
Pódese participar nas enquisas a través da web do concello ou de maneira presencial, mediante instancia xeral polo rexistro de entrada.

Podes participar aquí: https://burela.org/gl/participacion-cidada

Exit mobile version