Burela, 7 de novembro de 2023. A alcaldesa de Burela, Carmela López, quere aclarar que o Punto de Información Catastral do concello “funcionará mellor tras a reorganización que estamos a facer no servizo”.
En resposta ás declaracións do portavoz do PP, López quere deixar claro “que o servizo o prestaba unha empresa externa”, polo que non houbo ningún despedimento de persoal municipal.
“Tras analizar o servizo do punto de información catastral cos veciños, consideramos que a mellor solución era formar a persoal do concello para realizar este traballo e ter un maior control”, engade a alcaldesa.
“Como é habitual, as críticas do PP só teñen como obxectivo causar dano e erosionar a miña imaxe, sen importarlles que o que din non sexa certo nin profundizar nos motivos dunha decisión do goberno local”, remata López.