Serán 43 negocios facendo super descontos e promocións, participan tanto comercios como servizos, hai dende tendas de roupa, calzado, complementos, deportes, moda de nenos, lencerías, mercerías, ópticas, moblerías, xoierías, xogueterías, telefonía, cerámica, salóns de peiteado, tratamentos de beleza e servizos de masaxes. Un amplo abanico de negocios e sectores que fan que esta campaña sexa moi atractiva para mercar no comercio local.
Unha oportunidade de vir a Viveiro a mercar, dando un paseo polas rúas do casco histórico, desfrutando das compras ó aire libre, parando a tomar un café ou un viño acompañado dun pincho na hostalaría da vila, desfrutar do ambiente do Black ca música nas rúas (que a teremos a través do fío musical) e levar as compras para a casa sen sufrir problemas de abastecemento ou entregas tardías…isto é Comercio Local.
Trátase dunha excelente oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 43 comercios participantes na campaña e desfrutar de multid¡tude de descontos en miles de artigos. Os descontos irán dende o 20% ata o 50% ou 60% nalgúns casos.
Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de cor negra de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificaraqueles locais nos que poderá desfrutar da campaña de descontos.
É moi importante lembrar que estes descontos non son acumulables a outras ofertas que xa teñan nos comercios, a encargos ou a devolucións, xa que é unha campaña puntual organizada só para as vendas destes días.
Esta campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia, dentro das axudas para a dinamización de Centros Comerciais abertos de Galicia.
Os locais participantes e as suas promocións son: