Gloria Magide López vive na Residencia San Bartolomeu de Xove. É natural de Vilagocende, na Fonsagrada, moi coñecida pola Seimeira, un salto de auga de 50 metros de caída vertical. Viviu a meirande parte da súa vida en Lugo. No aniversario, Gloria estivo acompañada por un dos seus fillos, o outro non puido vir dado que reside nas Canarias. O Concello agasallouna cun ramo de flores, que o alcalde, Demetrio Salgueiro, lle entregou na Residencia.