Serán 14 os participantes desta nova edición, Muro Restaurante, Vinoteca Los Leones, El Tigre, Restaurante Casa Pepi, Cornelius, Mesón O Recuncho, O Rincón do Tronco, Asador La Quinta, Gastrobar Hotel Urban, Atlántico Gastrobar, Mesón A Ría, Pulpería O Panadeiro, La Tortilla Maravilla e como nova incorporación únese Las Delicias de Belkis, un local de recente apertura.
Ofrecerán tódolos xoves unha tapa ó prezo de 3€. Esta xa é a novena edición que se pon en marcha, unha inciativa que foi moi ben acollida polo público e que pouco a pouco foi medrando e asentandose como a alternativa de ocio para os xoves. O obxetivo desta campaña é dinamizar os negocios de hostalaría do Centro urbano de Viveiro.
Ás portas da fin de semana que mellor que ofrecerlle ós clientes unhas boas e variadas tapas a un prezo moi asequible. Só hai que darse unha volta un xoves de tapeo por Viveiro para ver o ambiente que se crea en torno ó Juepeo.
E para os amantes dun bo cóctel volve o D´Copeo no que todos os xoves o Gato Pardo e o Tigre ofrecerán un cóctel distinto por 5€. Para este primeiro xoves poderase desfrutar dun JagüerMojito no Gato Pardo e dun Mojito no Tigre.
Seguiranse sorteando entre os clientes 200€ en vales de compra a consumir nos locales participantes, repartidos nun premio de 100€ e dous de 50€. A forma de participar é moi sinxela, con cada tapa entregase ó cliente una tarxeta para que vote que lle pareceu a tapa, cubre os seus datos e deposítaos nas urnas que haberá habilitadas en cada local. Por cada tapa que proben, unha posibilidade de gañar.
Para este primeiro xoves de tapeo arráncase con:
Muro Restaurante.- Tosta de cecina, queso de cabra y tomate confitado
Vinoteca Los Leones.- Pinchos morunos
Las Delicias de Belkis.- Hamburguesa Belkis
El Tigre.- Perrito Napolitano
La Tortilla Maravilla.- Tortilla Maravilla con rallado de queso manchego
Restaurante Casa Pepi.- Crep de merluza en salsa de coco
Mesón O Recuncho.- Enchilada Hondureña
O Rincon do Tronco.- Huevo con torrezno
Asador La Quinta.- Zorza
Gastrobar Hotel Urban.- Huevo roto con zorza y patatas panadera
Atlántico Gastrobar.- Solomillo de cerdo a las 3 pimientas
Mesón A Ria.- Cachopo de cerdo
Pulpería O Panadeiro.- Pulpo al Ajillo con patata Panadera