Terá lugar ás 15:30 do xoves 26 de outubro en Coworking Viveiro, e nela, membros da consultora Indycom ensinarán sobre como actuar ante ciberataques e protexer a xestión da empresa
A xornada terá lugar no Coworking Viveiro, de 15:30 a 17:30. Nela ensinarase como actuar ante ciberataques e o emprego de diferentes ferramentas de ciberseguridade para protexer toda a xestión da empresa, determinando os seus posibles puntos débiles. Os asistentes aprenderán a protexer os equipos, evitar secuestros de datos e mellorar os sistemas antivirus, entre outras cousas.
Será totalmente gratuíta e terá un enfoque práctico, facendo uso dun simulador para amosar posibles vulnerabilidades e as súas correccións. Ademais, o evento adaptarase aos participantes e ás súas necesidades, puidendo tratar dende cuestións propias do día a día nunha PEME como é o caso dos virus recibidos por email ou USB, ata entornos industriais máis complexos.
Para participar será necesario inscribirse no enderezo de correo electrónico lugo@acelerapyme.asime.es, e se pode solicitar máis información no propio correo ou no número de teléfono 982 228 970.
A Oficina Acelera Pyme ASIME (Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia) na provincia de Lugo forma parte da rede de oficinas Acelera Pyme, respaldada a nivel estatal por Red.es e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e financiada polos fondos NextGenerationEU da Unión Europa.